domingo, 28 de mayo de 2017

Celebrando as Letras Galegas



Exposición
Na planta baixa do instituto instalouse unha exposición sobre a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano, na que se reunía grande parte da súa obra publicada.





Maratón de lectura
O día 18 de maio organizouse un maratón de lectura no que participaron os alumnos e alumnas da ESO. Escolleuse o libro O principiño, traducido ao galego por Carlos Casares, en relación coa exposición que houbo no centro do 31 de marzo ao 7 de abril, na que se mostraba a colección particular do autor de diferentes edicións do libro de Saint Exupéry en máis de sesenta linguas do mundo.

Revista ilustrada
E, por último, a edición da revista ilustrada sobre textos de Vento ferido, de Carlos Casares: "Agarda longa ao sol", "Aparecerá pola esquina" e "Outro verán". O ano pasado comezamos con esta actividade para o Día das Letras Galegas coa intención de que teña continuidade  nos vindeiros anos.













viernes, 12 de mayo de 2017

Entrega de premios do concurso de microrrelatos



O venres 5 de maio, no Salón de Actos do centro, foron entregados os premios do I Concurso Literario de Libre-Relatos, no que participou alumnado de 1º de ESO a 1º de Bacharelato. Agradecemos a vosa participación a prol da estimulante tarefa de escribir e desenvolver as vosas capacidades creativas nesta actividade.  Axiña subiremos nesta mesma entrada os microrrelatos que mereceron o recoñecemento do xurado. Parabéns a todos os premiados.

lunes, 8 de mayo de 2017

Recital Poético

Este á a reseña que a nosa compañeira da biblioteca Carmen Martín, profesora de Lingua española e Literatura, compartiu con nós sobre o recital poético organizado cos alumnos de ESO.


RECITAL DE POESÍA-DÍA DEL LIBRO


El pasado día 24 de abril se celebró en el Salón de Actos del IES Salvador de Madariaga un recital de poesía conmemorativo del “Día Internacional del Libro”, organizado dentro del programa de actividades de la Biblioteca en colaboración con los departamentos de Gallego, Castellano, Inglés, Francés y Alemán. Contó con la participación de alumnos de 1º, 2º y 3º de ESO, que a lo largo de dos horas declamaron textos poéticos de autores pertenecientes a distintas épocas desde la Edad Media hasta la actualidad.
Cabe señalar que esta conmemoración fue promovida por la UNESCO y se celebra en todo el mundo con el objetivo de fomentar la lectura.
La elección del 23 de abril como “Día Internacional del Libro” viene motivada por coincidir en la misma fecha del año 1616 el entierro de Miguel de Cervantes Saavedra (según el calendario gregoriano), la muerte (probablemente también el nacimiento) de William Shakespeare (según el calendario juliano), así como la muerte del Inca Garcilaso de la Vega, los tres considerados grandes escritores de la Literatura Universal.

 
PROGRAMA DO RECITAL CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO
IES SALVADOR DE MADARIAGA- 24 DE ABRIL DE 2017


Miguel de Cervantes
Rosalía de Castro

 
 William Shakespeare

 
Walt Whitman

                     Paul Verlaine                                 Goethe