Un ano máis, celebramos o Día das
Letras Galegas. Este é un día no que os galegos lembramos e
agasallamos, en forma de recoñecemento, a aqueles persoeiros que
destacaron pola súa contribución á lingua e á cultura galega. No
presente ano conmemoramos o 175º aniversario do nacemento de
Rosalía de Castro e cómpre salientar que foi ela quen inaugurou
esta celebración das Letras Galegas no 1963 cando se cumplían os 100
anos da publicación de Cantares Gallegos.
De
Valentín Paz-Andrade podedes atopar
na nosa biblioteca unha edición da súa coñecida obra Pranto Matricial
que o autor publicara no 1955 in memorian de Castelao, falecido en
Buenos Aires no 1950. Esta que nós temos é do 1975, pentalingüe
(galego,
portugués, eusquera, catalá e castelán) e publicada con motivo do 25
cabodano de Castelao, autor de quen Valentín Paz-Andrade foi amigo e
colaborador. Ten prólogo de Rafael Dieste.
CANDO TI VOLVAS...
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
...
CUANDO VOLTARES...
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que desde a Torre de Hércules ao Minho,
um facho acenderá en cada ilha,
cuando voltares pelo mar;
...
ITZULICO HAICENEAN...
UMA-ONCI BAT DEN ETA HEUREA DUEN GALICIAN
pharo bat biztuco da isla bederan,
Heraclesen dorretic Minho hibaira,
itsasotic itzulico haicenean;
...
itsasotic itzulico haicenean;
...
1 argumento escribie n lingua galega
ResponderEliminar