martes, 29 de mayo de 2012

TEMOS NOVA BIBLIOTECA

Este é o vídeo que estreamos na inauguración da biblio Sentímonos moi orgullosos de como está quedando a nosa biblioteca. Foi un alto no camiño para festexar o que logramos e voltar a vista atrás e valorar todo o que fixemos. Moitos dos que estamos a traballar na biblioteca xa non coñecimos a vella biblioteca, outros, a pesar de coñecela, acostumámonos tanto á nova, que xa non a lembramos. Aquí temos un estupendo vídeo, grazas a Isabel, que nos resume a andaina destes anos.



viernes, 25 de mayo de 2012

Unha mascota para a nosa biblioteca

O pasado 23 de maio as alumnas Mariana Santos Rodríguez e Lucía Anta Rodríguez  recibiron os accésits pola creación das mascotas de "Bufo" e "Alevón" no concurso Unha mascota para a nosa biblioteca. As nosas felicitacións polo premio.

A maxia do Grupo Talía

O grupo de teatro do IES Salvador de Madariaga, dirixido por Ana del Valle, representou na semana das Letras Galegas a obra O anel máxico de Carlo Goldoni.  Os nosos parabéns a todo o reparto: Carmen, Lucía, Santiago, Nadia, Blanca, Micahela e Nuria.

martes, 22 de mayo de 2012

Exposición de Pepe Galán




Temos connosco as esculturas de Pepe Galán, converténdose o instituto nunha galería de arte contemporánea. Desde a biblioteca propoñémosvos unha actividade sobre o autor e o significado da súa obra Cuestionario de Pepe Galán. Esta instalación, ligada ao mar, vainos introducir no tema interdisciplinar da biblioteca para o vindeiro curso.

domingo, 20 de mayo de 2012

O mércores: festa de re-inauguración



Agardamos que pasedes todos pola nosa biblio para ver que guapa quedou. 

Resultados do concurso da mascota

Biblioteca do IES Salvador de Madariaga

Reunido o xurado o 16 de maio, mércores, na biblioteca do IES Salvador de Madariaga ás 12:30 sinala que, a pesar da calidade estética dos traballos presentados, ningún tiña a versatilidade requerida nunha mascota, polo que decide deixar o premio deserto. Tamén decide premiar con dous accesits de 20 € os traballos presentados polas alumnas Lucía Anta Rodríguez de 2º C e Mariana Santos Rodríguez de 4º B.

asdo. O xurado: Juan Pablo Fernández, José Antonio de Lorenzo, Irene Caeiro

jueves, 10 de mayo de 2012

Valentín Paz-Andrade

Un ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas. Este é un día no que os galegos lembramos e agasallamos, en forma de recoñecemento, a aqueles persoeiros que destacaron pola súa contribución á lingua e á cultura galega. No presente ano conmemoramos o 175º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e cómpre salientar que foi ela quen inaugurou esta celebración das Letras Galegas no 1963 cando se cumplían os 100 anos da publicación de Cantares Gallegos.

Neste 2012 homenaxeamos ao polifacético escritor galeguista Valentín Paz-Andrade

De Valentín Paz-Andrade podedes atopar na nosa biblioteca unha edición da súa coñecida obra Pranto Matricial que o autor publicara no 1955 in memorian  de Castelao,  falecido en Buenos Aires no 1950. Esta que nós temos é do 1975,  pentalingüe (galego, portugués, eusquera, catalá e castelán) e publicada con motivo do 25 cabodano de Castelao, autor de quen Valentín Paz-Andrade foi amigo e colaborador. Ten prólogo de Rafael Dieste.


CANDO TI VOLVAS...

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
...
CUANDO VOLTARES...

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que desde a Torre de Hércules ao Minho,
um facho acenderá en cada ilha,
cuando voltares pelo mar;
...

ITZULICO HAICENEAN...

UMA-ONCI BAT DEN ETA HEUREA DUEN GALICIAN
pharo bat biztuco da isla bederan,
Heraclesen dorretic Minho hibaira,
itsasotic itzulico haicenean;
...
                                                                                   Valentín Paz-Andrade