domingo, 1 de noviembre de 2015

Día da Biblioteca Escolar



O pasado 22 de outubro conmemorouse o Día Internacional da Biblioteca Escolar, data que pretende mostrar a importancia que teñen as bibliotecas dos centros dentro do mundo da educación. E ese, precisamente, foi o obxectivo desta pequena exposición, facer visible parte do traballo levado a cabo desde a biblioteca, como por exemplo:
  • Organización de clubs de lectura.
  • Celebración do Día da Muller, do Día do Libro, das Letras Galegas, do Samaín, etc.
  • Concursos de fotografía, de sobremesas, de poemas de amor ou o Biblioxogo.
  • Exposicións sobre o mar ou os tempos de guerra.
  • Talleres de xogos tradicionais e de nós mariñeiros.
E outras moitas actividades realizadas para que a nosa ollada se deteña, a partir do traballo en cada unha delas, nun recuncho do mundo en que vivimos para poder comprendelo mellor. Por iso, invitámosvos a colaborar coa biblioteca escolar e a coñecer os seus fondos.