sábado, 26 de noviembre de 2016

Escoitas o que Escoitas? 25 de novembro, día contra a violencia de Xénero


Escoitamos cancións, pero realmente non escoitamos o que dí. 

Estas últimas semanas estivemos descubrindo as letras de moitas cancións e atopámonos con mensaxes que non críamos atopar. Cancións que parecen de amor, pero que nos falan en realidar dun acoso, cancións que desprezan e insultan as mulleres, cancións que describen como cortexo o que non deixa de ser unha violación. 

Todos sabemos que o reggaeton ten sona diso, pero atopámonos con cancións dese tipo en todo tipo de xéneros e estilos. Tamén atopamos, por suposto, cancións que denuncian ese tipo de relacións nas que o amor se confunde co maltrato e o acoso. Quixéchedes unir algunha delas a esta lista, é de supor que por ver outro tipo de mensaxes.

Aquí queda a lista de reproducción destas cancións que analizamos en unimos nunha lista de reproducción de youtube. A vindeira vez que bailedes ao seu son, pensade no que dín. 






Tamén vos deixamos fotos da exposición que na escaleira do centro fixemos deste análixe das letras das cancións.  





Robin Thicke. Blurred  Lines
Propuesta indecente. Romeo Santos

Every breath you take. Police 
Manos al aire. Nelly Furtado

No hay comentarios:

Publicar un comentario