miércoles, 19 de noviembre de 2014

Po de estrelas, X. Mariño



Divulgación dende Galicia

Po de estrelas, por Xurxo Mariño

Xurxo Mariño especializouse en neurofisioloxía, e representa un dos maiores expoñentes da divulgación científica galega na actualidade. Licenciado en CC. Biolóxicas pola Universidade de Santiago, empezou investigando en entomoloxía. Agora é profesor na Universidade da Coruña, tras unha estancia no MIT. Malia una importante faceta como investigador desenvolve con soltura e destreza un labor de divulgación que ten varios frontes:
Ao participar en calquera das súas charlas un comprende que a Ciencia, con maiúsculas, non é algo frío, complicado e (sobre todo) distante. Os conceptos máis escuros vólvense comprensibles e, ademais, transmíteos alguén que non só fala a nosa lingua, senón que vive a nosa propia realidade.

En Po de estrelas, Xurxo tenta que comprendamos as novas teorías e ideas sobre o Universo e a vida no planeta Terra, combinando as dúas propiedades que tan ben domina: o rigor e precisión científica e a capacidade para entreter e divulgar. Citando ao propio Xurxo: “Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo“.

No hay comentarios:

Publicar un comentario