miércoles, 19 de noviembre de 2014

Po de estrelas, X. Mariño



Divulgación dende Galicia

Po de estrelas, por Xurxo Mariño

Xurxo Mariño especializouse en neurofisioloxía, e representa un dos maiores expoñentes da divulgación científica galega na actualidade. Licenciado en CC. Biolóxicas pola Universidade de Santiago, empezou investigando en entomoloxía. Agora é profesor na Universidade da Coruña, tras unha estancia no MIT. Malia una importante faceta como investigador desenvolve con soltura e destreza un labor de divulgación que ten varios frontes:
Ao participar en calquera das súas charlas un comprende que a Ciencia, con maiúsculas, non é algo frío, complicado e (sobre todo) distante. Os conceptos máis escuros vólvense comprensibles e, ademais, transmíteos alguén que non só fala a nosa lingua, senón que vive a nosa propia realidade.

En Po de estrelas, Xurxo tenta que comprendamos as novas teorías e ideas sobre o Universo e a vida no planeta Terra, combinando as dúas propiedades que tan ben domina: o rigor e precisión científica e a capacidade para entreter e divulgar. Citando ao propio Xurxo: “Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo“.

jueves, 13 de noviembre de 2014

CONCURSO LEMBRANZAS DO NADAL EN TEMPOS DE GUERRA




Propómosvos un concurso para investigardes sobre como viven os nenos as festas do Nadal en tempos de guerra. A nosa sociedade asocia o Nadal con tempos de alegría infantil, de vida ao calor do fogar e tamén de moito consumismo…. Porén, cando toca vivir esas datas en tempos de guerra, ou de posguerra, de escaseza ou privacións como se viven nos países que sofren conflitos armados ou padecen as súas consecuencias, as cousas son moi diferentes… Procurade información e describide esas vivencias.

Podedes preguntar os vosos avós ou xente de idade que viviu a guerra ou a posguerra, podedes investigar en xornais, libros ou outras fontes de información. Outra vía de pesquisa téndela en relatos, poemas, novelas, documentais ou películas que recollan lembranzas desas experiencias.

O formato dos traballos é libre, podedes facer presentacións, entrevistas, carteis ou murais, poesías, exposicións escritas, narracións… Valoraremos a orixinalidade e a calidade da presentación. 

Podedes presentar eses traballos desde o 17 de novembro até o 5 de decembro. Se o soporte é físico, podedes entregalos na biblioteca e se é dixital, podédelos enviar ao correo da biblioteca bibliosalmad@gmail.com

Os mellores traballos gráficos serán expostos nos corredores do Instituto e aqueles seleccionados que empregaren medios audiovisuáis serán proxectados no salón de actos o último día de clase antes das festas do Nadal. Daremos un premio ao mellor traballo e as mencións que foren necesarias en cada categoría.

Falaremos tamén cos vosos profesores e profesoras para que eses traballos sexan valorados nas vosas cualificacións.





martes, 11 de noviembre de 2014

SIN NOVEDAD EN EL FRENTE (Eric Maria Remarque) e PUTA GUERRA! (Tardi)

Esta quincena querémosvos recomendar dous libros, son dous magníficos libros que teñen relación co tema que este curso escollimos como fío condutor. Un clásico da literatura antibelicista que, ademáis, ten inspirado magníficas películas como é SIN NOVEDAD EN EL FRENTE de Eric Maria Remarque


 

e unha banda deseñada que vai camiño de se converter tamén nun clásico, PUTA GUERRA! de Tardi.



«Blacksad» de Juan Díaz Canales y Juanjo Garnido, Premio Nacional del Cómic




BlackSad de Juan Díaz Canales y Juanjo Garrido, Premio Nacional del Cómic.

Desfruta deste autor na nosa biblioteca.


lunes, 10 de noviembre de 2014